Saltar ao contido

Pavillón Multiúsos Fontes do Sar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Multiúsos Fontes do Sar
Datos
Coordenadas42°52′34″N 8°31′51″O / 42.876191, -8.530752Coordenadas: 42°52′34″N 8°31′51″O / 42.876191, -8.530752
LocalizaciónSantiago de Compostela, Galicia
Construción
Inauguración1998
Estadio
Capacidade6.666 (baloncesto)
6.666 (fútbol sala)
10.000 (concertos)
PropietarioConcello de Santiago de Compostela
LocalíaObradoiro CAB (ACB)
Santiago Futsal (LNFS)
editar datos en Wikidata ]

O Pavillón Multiúsos Fontes do Sar é un pavillón cuberto multiúsos, situado en Santiago de Compostela e construído en 1998. Pertence ao concello capitalino, e está xestionado pola sociedade mixta XADE. Ten unha capacidade de 6.666 espectadores para espectáculos deportivos e de 10.000 espectadores para concertos.

Serve de feudo aos equipos Santiago Futsal de fútbol sala, Blusens Monbus Obradoiro de baloncesto, e ao Arteal de tenis de mesa.

Ten 10.000 m² de superficie e conta cun amplo ximnasio público. Nos exteriores ten piscinas ao ar libre e 700 prazas de aparcadoiro. Está situado na rúa de Diego Bernal s/n.

Afluencia de espectadores[editar | editar a fonte]

Pavillón Multiúsos Fontes do Sar.

Eventos deportivos[editar | editar a fonte]

A afluencia media de seareiros que acudiron ós encontros do Obradoiro CAB na ACB 2009-10 foi de 5509 persoas, con máximos de 6050 espectadores (fronte ó FC Barcelona). No seguinte ano, co equipo na LEB Ouro 2010-11, a media baixou a 4297 persoas.[1] De volta na Liga ACB, na tempada 2011-12 a media de seareiros no pavillón medrou ata os 5241.

Pola súa banda, o Lobelle FS tivo 2353 espectadores de media nos seus encontros da LNFS 2010-11, con máximos de 3900 persoas (fronte ó ElPozo Murcia).[2] Na tempada 2011-12 a media baixou ós 1700 espectadores, cun máximo de 3500 persoas.

Eventos culturais[editar | editar a fonte]

En abril de 2010 mais de 5000 persoas asistiron sentadas a cada unha das 8 actuacións do Cirque du Soleil co seu espectáculo Saltimbanco no Multiúsos do Sar.[3]

Nos numerosos concertos que cada ano se levan a cabo no recinto, como os de Mark Knopfler, Joaquín Sabina, David Bisbal, Juanes, Dover, Alice Cooper, Cypress Hill, Miguel Bosé etc, a afluencia de xente ten variado dende as 9000 persoas que asistiron ó concerto de Chayanne en agosto de 2010, ós 5000 que foron a ver a The Wailers en febreiro de 2009.

Accidente ferroviario 2013[editar | editar a fonte]

O 24 de xullo de 2013 no lugar de Angrois, Sar, tivo lugar o accidente de tren máis grave da historia de Galicia e por vítimas oficiais, tamén o máis grave da historia de España por descarrilamento ferroviario. Polo menos 78 persoas faleceron no incidente. O pavillón Fontes do Sar utilizouse como tanatorio provisional pola gran cantidade de finados[4].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]